Ponte coa lingua
Este programa está organizado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo co obxectivo de facilitar a integración lingüística e cultural do alumnado foráneo.
O galego é a lingua propia da Universidade de Vigo, e esta porá todos os medios para asegurar a utilización efectiva da lingua en todas as súas actividades. Con este programa queremos conseguir que os estudantes que nos visitan coñezan a realidade histórica, social e sociolingüística de Galicia.